Mar explora novas vías de colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia para a promoción do peixe e marisco

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal), Miguel López, para abordar vías de colaboración no ámbito da promoción dos produtos pesqueiros. A finalidade é dar continuidade ao labor conxunto dos últimos anos, que fixo posible a realización de distintas iniciativas como as dúas primeiras edicións do Congreso Internacional de Consumo e a celebración da xornada Alimentos e bebidas plant based: perspectiva e regulación?

No encontro, tamén se avaliou a primeira edición do Bono Peixe, unha medida pioneira impulsada pola Xunta, para incentivar a venda de produtos do mar frescos e da que se beneficiaron máis de 146.000 consumidores, cun impacto de 11 millóns de euros. Nesta liña, resaltouse a relevancia doutras medidas como a rebaixa do IVE a estes alimentos básicos, rexeitada reiteradamente polo Goberno central. Un asunto que abordará Ucgal nunha vindeira xornada sobre fiscalidade na alimentación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/12/2025