Medio Rural e a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia avalían vías de colaboración en materia de formación

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha xuntanza coa Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) para avaliar vías de colaboración en materia de formación.

En concreto, abordaron o proxecto “Escola de pastores”, unha iniciativa da asociación coa que busca ofrecer formación especializada en gandaría extensiva como ferramenta de dinamización social e económica do territorio, así como da posta en valor das producións locais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/12/2025