O conselleiro de Sanidade, acompañado do xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, supervisou as obras de mellora levadas a cabo no centro de saúde da Parda

Gómez Caamaño anuncia a convocatoria extraordinaria de máis de 33.000 nenos de entre 6 meses e 11 anos para vacinarse fronte á gripe os días 5 e 6 de decembro

Nos hospitais comarcais inmunizarase o venres pola tarde de 16 a 20 horas e o resto de hospitais públicos vacinarán o venres neste horario e, a maiores, na xornada do sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas

Gómez Caamaño anima ás familias a que participen nesta campaña de vacinación extraordinaria para os nenos, porque as vacinas son a mellor protección fronte á gripe

Incide en que Galicia está preparada para afrontar esta nova tempada de gripe e, desde mediados de novembro, ten operativo o Plan de inverno

Destaca o resultado das obras de mellora da reforma integral da cuberta do centro de saúde da Parda, nas que a Xunta investiu 95.000 euros

Recorda que nos últimos anos a Xunta realizou actuacións no centro por máis de 191.000 euros

Pontevedra, 3 de decembro de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciou hoxe a convocatoria extraordinaria de máis de 33.000 nenos e nenas de entre 6 meses e 11 anos para vacinarse fronte á gripe os días 5 e 6 deste mes nos 14 hospitais públicos.

O titular da carteira sanitaria da Xunta fixo este anuncio no transcurso da súa visita ás obras de mellora levadas a cabo no centro de saúde da Parda, na que estivo acompañado polo xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores.

Tal e como detallou o conselleiro, nos hospitais comarcais inmunizarase o venres pola tarde de 16 a 20 horas. O resto de hospitais públicos vacinarán o venres neste horario e, a maiores, na xornada do sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

En concreto na área de Pontevedra e O Salnés, na que fixo o anunciou o conselleiro, están convocados un total de 2.100 nenos e nenas.

Gómez Caamaño animou ás familias a que participen nesta campaña de vacinación extraordinaria para os nenos, porque as vacinas son a mellor protección fronte á gripe.

Plan de inverno

Na súa visita ao centro de saúde da Parda, o conselleiro incidiu en que Galicia está preparada para afrontar esta nova tempada de gripe e, desde mediados de novembro, ten operativo o Plan de inverno para anticiparse, previr, planificar e xestionar os recursos que permitan responder aos picos de demanda.

O conselleiro reiterou a petición á cidadanía para que se vacine fronte á gripe e a covid. Lembrou que, ata o de agora, xa se vacinaron 720.000 persoas por gripe, das que máis do 67 % son poboación de 65 ou máis anos, que é un dos grupos máis vulnerables. Tamén se vacinou a preto do 60 % do persoal sanitario e a case o 47 % de nenos e nenas ata os 11 anos.

Gómez Caamaño dixo que desde que comezou a campaña de gripe se notificaron máis de 1.050 ingresos hospitalarios, a maioría con virus de tipo A. Para reducir estas cifras, levouse a cabo unha campaña extraordinaria de vacinación a fin de semana pasada nos hospitais do Sergas dirixida á poboación de 60 a 69 anos, á que acudiron 6.500 persoas o que eleva a cobertura dos maiores de 60 ata preto do 57 %.

Obras de mellora no centro de saúde da Parda

O conselleiro visitou hoxe o centro de saúde da Parda para comprobar o resultado das obras de mellora da reforma integral da cuberta, na que a Xunta investiu 95.000 euros.

Esta mellora engádese a outras realizadas por máis de 191.000 euros neste centro de saúde nos últimos anos na nova climatización ou na eficiencia enerxética.

Estes investimentos amosan a forte aposta da Xunta por mellorar a atención primaria, para que os pacientes dispoñan de instalacións da máxima calidade e para que os profesionais sanitarios desenvolvan o seu labor coa máxima comodidade.

Xunto achégase cadro cos lugares e horarios da vacinación extraordinaria para nenos este venres e sábado.

Área

distrito

lugar

venres tarde

sábado todo o día

citación fin de semana 5 e 6

ÁREA A CORUÑA

DISTRITO A CORUÑA

Hospital Teresa Herrera, planta -1

x

x

1.500

DISTRITO CEE

Hospital Virxe Xunqueira, consultas externas

x

 

300

ÁREA FERROL

DISTRITO FERROL

Hospital Arquitecto Marcide, planta baixa centro de especialidades

x

x

1.320

ÁREA LUGO

DISTRITO BURELA

Hospital A Mariña, punto vacinación Covid

x

 

2.500

DISTRITO LUGO

Hospital Lucus Augusti, 4ª planta

x

x

7.500

DISTRITO MONFORTE

Hospital de Monforte, planta baixa entrada zona aparcamento

x

 

1.600

ÁREA OURENSE

DISTRITO O BARCO

Hospital Valdeorras, biblioteca

x

 

160

DISTRITO OURENSE

CHUO, Planta 0 novo edif hospitalización

x

x

1.200

DISTRITO VERÍN

Hospital Verín, consultas externas

x

 

160

ÁREA PONTEV.

DISTRITO PONTEVEDRA

Hospital de día do Provincial (entrada por Consultas Externas , parte traseira do hospital)

x

x

1.500

DISTRITO SALNÉS

Hospital Salnés, consulta pediatría (planta -1)

x

 

600

ÁREA SANTIAGO

DISTRITO BARBANZA

Hospital de Barbanza, salón de actos

x

 

3.000

DISTRITO SANTIAGO

Complexo Hospitalario de Santiago, consultas externas pediatría (140, 142)

x

x

9.000

ÁREA VIGO

DISTRITO VIGO

Hospital Álvaro Cunqueiro, H. Álvaro Cunqueiro
Planta 0 zona docencia

x

x

3.000

 

 

 

 

 

33.340

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/12/2025