A Xunta pon en valor a importancia do envasado na protección dos indicativos de calidade diferenciada

Boqueixón (A Coruña), 4 de decembro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, participou esta mañá na inauguración da xornada sobre Solucións Tecnolóxicas de Envasado que se desenvolveu no Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Sergude, en Boqueixón. Neste encontro tratouse o marco normativo actual en materia de envases e residuos de envases e o valor e a protección de indicativos de calidade diferenciada, como as denominacións de orixe.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/12/2025