A Xunta destaca a importancia de fomentar as novas vocacións emprendedoras desde idades temperás a través do xogo e a creatividade

Vigo, 8 de decembro de 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na inauguración da Feira de Emprendemento Infantil, organizada por Barafunda e Bulideira Escola de Tempo Libre e apoiada pola Xunta de Galicia. O obxectivo deste evento é estimular a creatividade e o talento emprendedor desde idades temperás, creando un espazo seguro e innovador onde nenos e nenas poidan descubrir novas ideas e desenvolver as súas capacidades.

Durante a inauguración, Marta Mariño destacou a importancia desta iniciativa para fomentar novas vocacións e promover unha cultura emprendedora dende a infancia. Neste senso, subliñou o compromiso da Xunta coa promoción do emprendemento e puxo en valor proxectos destacados nesta área como O xogo do emprendemento, desenvolvido por Buscalume co apoio da Xunta e dirixido ao alumnado da ESO, constituíndo unha ferramenta útil para potenciar entre a rapazada a capacidade de xerar ideas e transformalas en proxectos emprendedores atractivos e viables.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/12/2025