A Xunta colaborará cos Amigos dos Pazos para celebrar o 10º aniversario da declaración oficial do Camiño Portugués da Costa
2025-12-10
/documents/35297/1950467/20251210+Amigos+dos+Pazos.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 10 de decembro de 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza coa nova directiva do colectivo Amigos dos Pazos, representado pola súa presidenta Yashmina Mª Shawki-Aziz, e os vogais Grato Amor Moreno, Gonzalo Prado González e Beatriz López-Chaves Castro. Durante o encontro, a representante autonómica comprometeu a colaboración do Goberno galego para os actos de celebración, o vindeiro mes de maio, do décimo aniversario da declaración oficial do Camiño Portugués da Costa.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 10/12/2025