A Xunta destina 11,3 M€ a apoiar 346 proxectos de desenvolvemento rural coa medida Leader en 2025

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural coa relación de beneficiarios 

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe dúas resolucións da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, adscrita á Consellería do Medio Rural, relacionadas coa intervención Leader. Unha delas informa das subvencións concedidas ao abeiro desta medida, referidas á convocatoria de 2025. Así, resolvéronse favorablemente un total de 346 proxectos, cun orzamento conxunto de 11,3 millóns de euros, e que suporán a creación de 175 postos de traballo e a consolidación doutros 755 empregos.

Destas iniciativas, 179 teñen carácter produtivo e as 167 restantes son proxectos non produtivos. Os proxectos non produtivos son aqueles que non xeran un beneficio económico, pero teñen un interese social e colectivo; os produtivos xeran emprego e perseguen un fin de lucro.

A segunda resolución ten un carácter máis técnico e refírese ao traspaso da anualidade 2025 á de 2026 da convocatoria de axudas do Leader. Ademais, modifícase a data final da xustificación dos proxectos, que pasa do 15 de xullo ao 1 de setembro de 2026, co fin de facilitar máis tempo aos interesados nestes trámites.

Importancia da medida Leader para a comunidade

Os fondos Leader teñen importantes repercusións para o medio rural galego, xa que contribúen de xeito directo a mellorar as condicións para crear e manter emprego no rural. Só no período anterior do Programa de Desenvolvemento Rural, a través desta medida a Consellería do Medio Rural apoiou a creación de 1.100 novos empregos e favoreceu a consolidación de máis de 4.000.

Ligazón ás resolucións no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251210/AnuncioO90-011225-0001_gl.html

' title='https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251210/AnuncioO90-011225-0002_gl.html">'>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251210/AnuncioO90-011225-0002_gl.html">https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251210/AnuncioO90-011225-0002_gl.html

Data de actualización: 10/12/2025