Manuel Pardo participa na inauguración do ‘VI Congreso Internacional de Turismo e Deporte’

Ourense, 11 de decembro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, participou esta mañá na inauguración do  VI Congreso Internacional de Turismo e Deporte, evento vencellado a Sportur Galicia, o Salón do Turismo e Deporte Activo, que organizou a súa parte práctica no pasado mes de maio (Xogos deportivos inclusivos), e que agora centrado no aspecto profesional, se desenvolverá no recinto feiral de Expourense dende hoxe ata mañá 12 de decembro.

Este evento contará coa participación de 20 expertos que analizarán o potencial e a influencia do deporte na oferta turística dun destino, analizando asuntos como a  accesibilidade e a inclusión dende a perspectiva teórica e profesional, coa participación de expertos en turismo accesible; ou o estudio de técnicas de financiamento deportivo, como un dos temas que máis preocupan aos organizadores de eventos deportivos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/12/2025