O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visita as obras de remodelación da estación da Coruña
2025-12-11
/documents/35297/1950470/202512112DiegoCalvoIntermodal1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 11 de decembro de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as obras de remodelación da estación da Coruña, onde destacou que esta infraestrutura é unha aposta pola intermodalidade, debido a que "todas as administracións empurramos no mesmo sentido, agardando que poida estar finalizada o antes posible para poñer a disposición da cidadanía". Neste senso, lembrou que a obra da estación de autobuses, dependente da Xunta, esta a piques de rematar tal e como estaba previsto.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 11/12/2025