A delegada territorial da Xunta en Ferrol acude á estrea do espectáculo `Reinventio´ no teatro Jofre

Ferrol, 12 de decembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acudiu esta tarde no teatro Jofre á estrea do espectáculo  'Reinventio' que combina números de ilusionismo, acrobacias e danza contemporánea nunha proposta de 90 minutos que aborda a ilusión, a superación e o espírito transformador do Camiño de Santiago nun relato visual sobre a capacidade de reinventarse.

O espectáculo, dirixido polo ilusionista ferrolán Martín Varela, enmárcase na programación ‘Nadal en Galicia’ impulsada por Turismo de Galicia con propostas para todas as idades e accións que inclúen desde beléns de longa tradición a mercados e outras actividades e espectáculos, cos que achegar o Nadal a todas as localidades. Esta programación inclúe un amplo calendario de actividades que van máis aló das datas centrais das festas. Supón un atractivo co que asegurar visitantes na comunidade fóra das datas de tempada alta de verán e Semana Santa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/12/2025