A Xunta pon de relevo o potencial do Mercado de Nadal de Carballeda de Valdeorras para dinamizar as vendas do comercio local e o atractivo turístico do rural

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe esta iniciativa que ten lugar en Sobradelo e que apoia o Goberno galego

Carballeda de Valdeorras (Ourense), 13 de decembro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta tarde o Mercado de Nadal de Sobradelo do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, apoiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e por Turismo de Galicia. Alí, puxo de relevo esta cita á hora de dinamizar as vendas do comercio local e tamén de encher a oferta turística do rural galego.

O Mercado de Nadal de Sobradelo celébrase hoxe e mañá. Contará con 20 expositores representativos dos distintos eidos do comercio e con diversas actividades que mesturarán a música, obradoiros, artesanía e propostas pensadas para todos os públicos.

Nesa liña, Alén fixo fincapé na importancia deste tipo de eventos ás portas do Nadal, aproveitando un momento especialmente próspero para o tecido comercial. Recordou que esta mesma semana estivo tamén no Barco de Valdeorras, concienciando as novas xeracións sobre o consumo responsable, no marco do programa Infonadal e tamén co gallo destas datas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/12/2025