A Xunta adxudica por máis de 180.000 € a substitución dos pavimentos do centro de saúde Concepción Arenal de Santiago de Compostela
O Servizo Galego de Saúde substituirá preto de 2.000 metros cadrados dos solos deste centro sanitario
A reforma contará cun prazo máximo de execución de 2 meses
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2025
O Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar por un importe de 182.757 euros as obras de substitución dos pavimentos do centro de saúde Concepción Arenal de Santiago de Compostela.
A empresa Deconsa 2005 S.L. resultou adxudicataria dunha obra de reforma na que se procederá a substituír os solos de linóleo deteriorados en diferentes plantas deste centro de saúde.
En concreto, a intervención suporá a renovación de 1.688 m2 desta lámina de PVC e tamén de 132 metros lineais de baldosa.
Así mesmo, a actuación incluirá a retirada de 222 metros lineais de linóleo nas paredes do centro e o posterior pintando destas zonas.
A reforma contará cun prazo máximo de execución de 2 meses.