A Consellería de Educación achega 440.000 euros ao orzamento da Fundación Rof Codina para o 2026, aprobado hoxe
Lugo, 15 de decembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, participaron na 63ª reunión do padroado da Fundación Rof Codina, na que se aprobou un orzamento de 3,1 M€ para 2026, o máis alto da súa historia. Tamén se acordou o plan de actuación do próximo ano.
A achega da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP aos fondos aprobados hoxe ascende a 440.000 euros. Ademais, a Xunta mantense como a Administración que máis aporta ao orzamento da fundación, co fin de respaldar o desenvolvemento do Hospital Veterinario Rof Codina, un centro de referencia dentro e fóra da Comunidade.
Ao mesmo tempo, este apoio contribúe ao prestixio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra, recoñecida entre as mellores do mundo.