O xogador do Breogán Francis Alonso pecha na sede da Xunta o ciclo ‘Luz ao deporte’, que promove a Fundación Breogán

Cinco destacados deportistas compartiron as súas experiencias con escolares lucenses  nesta cuarta edición do foro, orientado a educar á mocidade nos valores do deporte

Lugo, 17 de decembro de 2025

Francis Alonso, xogador do Río Breogán, foi hoxe o encargado de pechar a cuarta edición do ciclo Luz ao deporte, que organiza a Fundación Breogán co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración de Abanca.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu á charla e destacou as valiosas ensinanzas que transmiten á mocidade neste foro os deportistas de elite, “que comparten historias de éxito, pero que inevitablemente implican esforzo e traballo continuado”.

Alonso incorporouse este ano ás filas do Breogán, procedente do Estudiantes. Formado na canteira do Unicaja Málaga, xogou no Bilbao Basket, o Fuenlabrada, o Oviedo, e  tamén no baloncesto americano, no Instituto Cushing Academy e a Universidade de Greensboro.  Foi internacional con España en todas as categorías.

Clausura una edición de Luz ao deporte que tamén tivo como relatores ao  excapitán da selección española de rugby Jaime Nava, os triatletas Jarno Pousada e Antonio Serrat, e a piragüista Tania Fernández. As charlas desenvolvéronse neste último trimestre do ano no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo e asistiron como público estudantes do CEIP Anexa, CEIP de Nadela, CIFP Politécnico,  CPR Divina Pastora-Salesianos e o colexio San Lourenzo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/12/2025