Medio Rural destaca no órgano de coordinación estatal sobre I+D+i o seu compromiso a prol da innovación no agro galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe en Madrid na reunión do Órgano de Coordinación do Sistema de Coñecemento e Innovación en Agricultura (SCIA/AKIS)

Madrid, 17 de decembro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, participou hoxe en Madrid na reunión do Órgano de Coordinación do Sistema de Coñecemento e Innovación en Agricultura (SCIA/AKIS).

Na xuntanza deste órgano, que coordinan os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e de Ciencia, Innovación e Universidades, avanzouse en asuntos relacionados coa aplicación da innovación nos eidos da remuda xeracional, a sanidade vexetal, a nutrición sustentable de cultivos, a produción ecolóxica ou a transición dixital do sector agroalimentario, entre outros.

O representante galego destacou a aposta da Xunta polo desenvolvemento do I+D+i no agro galego e a importancia da transferencia de coñecementos ao sector, para avanzar na súa sustentabilidade e competitividade.

Data de actualización: 17/12/2025