Martina Aneiros mantén un encontro con representantes do Club Atletismo Ferrol
2025-12-17
/documents/35297/1958844/AtletismoFerrol1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 17 de decembro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co presidente e o tesoureiro do Club Atletismo Ferrol, Marcelo Rodríguez e Carlos San José, respectivamente, co fin de coñecer os proxectos nos que se atopa inmersa actualmente a entidade deportiva e coñecer as súas demandas relacionadas coa Administración autonómica.
O encontro, enmárcase dentro da rolda de contactos que, de forma habitual, vén mantendo a representante do Goberno galego co tecido asociativo da zona co obxecto de informarse de primeira man das súas necesidades.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 17/12/2025