Román Rodríguez felicita o Instituto Rosalía de Castro de Santiago por promover a convivencia no seu mercado de Nadal

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, felicitou hoxe o alumnado do Instituto Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, polo seu mercado solidario de Nadal. “Unha cita que promove entre os máis novos valores como a convivencia e o respecto, tan importantes no seu desenvolvemento como persoas”, destacou. Sinalou, ademais, que este evento, que vai xa pola súa cuarta edición, “está a converterse nunha tradición nestas datas, implicando á cidade, máis aló da comunidade educativa”.

O mercado é organizado polos estudantes do Bacharelato Internacional do instituto e a recadación da venda de roupa, libros e xoguetes de segunda man doarase de xeito íntegro á Cruz Vermella, co obxectivo de que as familias máis vulnerables poidan gozar destas festas. O evento inclúe, ademais, a celebración de diferentes actividades participativas, como unha ruleta da fortuna, xogos de mesa, un photocall ou música en directo, entre outras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/12/2025