María José Gómez salienta o papel protagonista das mulleres no rural galego

Ribadeo (Lugo), 19 de decembro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe o papel protagonista das mulleres no rural galego e a súa contribución á dinamización social, económica e cultural deste eido. Foi durante a súa visita ao curso de cociña organizado pola asociación Mulleres Rurais Porta Norte en colaboración co Concello de Ribadeo e que se desenvolve no Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) Pedro Murias, dependente da Consellería e cuxas instalacións -en concreto, as cociñas- foron cedidas pola Xunta para a realización desta acción formativa. Ademais, o curso está a ser impartido por persoal de cociña do propio CFEA e nel participan 25 mulleres da devandita asociación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/12/2025