O conselleiro de Deportes asiste nos renovados campos de fútbol de Elviña I ao torneo 'Goliños no Nadal'
2025-12-27
/documents/35297/1968796/20251227DiegoCalvoGoli%C3%B1osNadal3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 27 de decembro de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá ao torneo Goliños no Nadal, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración coa Asociación de Fútbol Afeccionado na Coruña e con apoio da Xunta. O campionato, no que participan máis de 300 nenos e nenas dunha vintena de equipos das categorías biberón e de iniciación, celébrase nos campos de fútbol do complexo deportivo de Elviña I, en cuxas obras de mellora se investiron 650.000 euros. Esta contía enmárcase nun investimento global de 3,4 millóns de euros para unha reforma integral coa que modernizar as instalacións e garantir condicións axeitadas aos clubs que adestran no centro.
Data de actualización: 27/12/2025