Diego Calvo preside a toma de posesión de Roberto García como secretario xeral para o Deporte
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu hoxe a toma de posesión de Roberto García como secretario xeral para o Deporte.
Roberto García é titulado en Educación Física e Deporte con mestrías en Alto Rendemento Deportivo, Deporte Especial e Xestión Deportiva, entre outra formación especializada. En 2009 asumiu a Xefatura de Servizo Provincial de Deportes na Coruña, cargo que exerceu ata a actualidade. Previamente foi técnico municipal de Deportes e monitor de escolas deportivas municipais en Arteixo, ademais de profesor de Educación Física e preparador físico no Real Club Deportivo de La Coruña Fabril. Foi tamén concelleiro na Coruña desde 2019 e voceiro municipal en Arteixo entre 2005 e 2009.