Arias participa na entrega de premios aos gañadores do torneo ‘Lugo Open 2026’ de habilidades co cubo de Rubik
2026-01-04
/documents/35297/1982722/f9eb8275-c5f6-433a-8eb9-fb7e93ff12c8.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 4 de xaneiro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na entrega de premios do torneo “Lugo Open 2026”, que reuniu no Círculo das Artes a algúns dos máis habilidosos xogadores co cubo de Rubik para competir en distintas modalidades.
A competición ten carácter oficial e está impulsada desde a Asociación Española de Speedcubing, co apoio da Xunta de Galicia, e conforme ás categorías e regras establecidas pola World Cube Association. Arias agradeceu aos organizadores “que abriran este espazo para os numerosos lucenses que están interesados nesta disciplina e que hoxe desfrutaron coa asombrosa destreza dos participantes”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 04/01/2026