O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa na entrega de premios do Rally Rías Altas Histórico

A Coruña, 3 de outubro de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na Coruña na entrega de premios da duodécima edición do Rally Rías Altas, que reuniu preto de 80 pilotos. A proba, organizada polo club Rallye Rías Altas, foi a penúltima cita do Campionato de España de Rallyes Históricos e contou con oito treitos cronometrados polos concellos de Monfero, Aranga, Irixoa e Paderne. Daniel Alonso e Sergio Fernández, aos mandos dun Ford Escort MKII, proclamáronse vencedores na categoría de velocidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/10/2026