O número de centros que desenvolven clubs de lectura aumenta un 10% e chega xa ao medio millar

O programa da Xunta incorpora 51 novos centros para promover este hábito entre o alumnado de diferentes idades coa participación de toda a comunidade educativa

Ademais, 245 centros promoven o voluntariado cultural e a lectura compartida, por exemplo en residencias, grazas ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias

Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2026

Un total de 500 centros educativos desenvolven este curso clubs de lectura co apoio da Xunta, o que supón un aumento de case o 10% tras a incorporación de 51 novos colexios e institutos. Esta iniciativa, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe) de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, ten como obxectivo fomentar este hábito entre o alumnado de todas as idades, promovendo tamén a participación de outros membros da comunidade educativa como as familias nesta experiencia.

Ademais, estimúlase o uso da radio e das novas tecnoloxías de comunicación e da información de forma natural nas súas actividades (blogs, vídeos, booktrailers, redes sociais, presentacións...), así como dos dispositivos dixitais de lectura. Poden participar no programa tanto os centros de Educación Infantil e Primaria como os de Secundaria, os colexios rurais agrupados, os de Educación Especial, os de FP, os centros de adultos e os centros de ensinanzas de réxime especial, (conservatorios e escolas de idiomas).

Por provincias, 189 dos centros integrados no programa son da Coruña (24 de nova incorporación este curso), 70 de Lugo (seis novos), 57 de Ourense (tres novos) e 184 de Pontevedra (18 novos). A relación completa de centros participantes pode consultarse na resolución no Portal Educativo. Cada un deles ten asignada unha contía, en función do tipo de centro e do proposta presentada, para destinar fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar, así como para gastos derivados do funcionamento do club.

Os centros de nova incorporación son os reflectidos na seguinte táboa:

Concello

Centro

 

Provincia da Coruña

A Coruña

CEIP Plurilingüe Concepción Arenal

 

Ames

CEIP Agro do Muíño

 

Arteixo

CEIP de Arteixo

 

Arzúa

CEIP de Arzúa

 

As Pontes de García Rodríguez

CEIP Plurilingüe Santa María

 

Betanzos

IES Francisco Aguiar

 

Brión

IES Brión

 

Cambre

CEIP Portofaro

 

Carballo

CEIP Xesús San Luís Romero

 

Cerceda

CPI Plurilingüe O Cruce

 

Corcubión

CEIP Praia de Quenxe

 

Culleredo

CEIP Plurilingüe Sofía Casanova

 

Culleredo

CEIP Isaac Díaz Pardo

 

Ferrol

CIFP Leixa

 

Malpica de

CEIP Milladoiro

 

Muros

CEIP Plurilingüe de Louro

 

Narón

CEIP A Solaina

 

Narón

CPI do Feal

 

Oroso

IES de Oroso

 

Rianxo

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

 

Santiago de Compostela

CEE A Barcia

 

Santiago de Compostela

IES de Sar

 

Sobrado

CEIP Plurilingüe Virxe do Portal

 

Val do Dubra

CPI de Bembibre

 

Provincia de Lugo

Antas de Ulla

CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla

 

Burela

CEIP Plurilingüe Os Castros

 

Chantada

IES Lama das Quendas

 

Foz

IES de Foz

 

O Vicedo

CEIP do Vicedo

 

Xermade

CEIP Plurilingüe de Xermade

 

Provincia de Ourense

Ourense

IES Eduardo Blanco Amor

 

Ourense

CEIP Plurilingüe Irmáns Villar

 

Vilamarín

CIFP de Vilamarín

 

Provincia de Pontevedra

A Guarda

CEIP Manuel Rodríguez Sinde

 

Agolada

CEIP Plurilingüe de Agolada

 

Baiona

CEIP Plurilingüe de Belesar

 

Cangas

CEIP Plurilingüe do Castrillón-Coiro

 

Marín

IES Illa de Tambo

 

Marín

CEIP Plurilingüe da Laxe

 

Mondariz-Balneario

CEIP Mondariz-Balneario

 

Mos

CEIP Plurilingüe Pena de Francia

 

Nigrán

CEE de Panxón

 

O Porriño

CEIP Plurilingüe da Ribeira

 

O Porriño

CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López

 

Poio

CEIP de Espedregada

 

Pontevedra

EPAPU Río Lérez

 

Tomiño

CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán

 

Tui

CEIP Plurilingüe de Guillarei

 

Vigo

IES Álvaro Cunqueiro

 

Vigo

IES de Beade

 

Vilaboa

CPI do Toural

 

 

Bibliotecas solidarias

Algúns clubs de lectura establecen liñas de colaboración con bibliotecas públicas e entidades culturais do seu medio máis próximo, así como con centros de persoas maiores e outros espazos cidadáns. Neste eido, a Consellería de Educación promove tamén o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Este curso participan 245 centros educativos de Infantil, Primaria, Secundaria e ensinanzas de réxime especial, case un 5%.

Por provincias, participan 102 centros da Coruña, 28 de Lugo, 24 de Ourense e 91 de Pontevedra. A relación completa de centros pode consultarse no Portal Educativo.

A iniciativa busca estimular o voluntariado cultural nas bibliotecas e a lectura entre o alumnado. Para iso impúlsase tanto a colaboración dos estudantes no funcionamento da biblioteca como o desenvolvemento de lecturas compartidas, tanto dentro do centro como fóra (en outros colexios, nas residencias de maiores, nos hospitais...).

Data de actualización: 06/01/2026