A Xunta adapta desde hoxe os horarios de catro servizos de autobús en Cambre para facilitar o transporte entre O Temple e o IES Afonso X O Sabio

Co axuste de entre 5 e 15 minutos, pasarán a saír de luns a venres laborables ás 08,00 horas, 14,15 horas, 15,55 horas e 18,05 horas

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2026

A Xunta de Galicia adapta  desde hoxe os horarios de catro servizos de autobús en Cambre para facilitar o transporte entre O Temple e o IES Afonso X O Sabio, na Barcala.

Co axuste dos horarios en servizos de uso xeral, a Xunta mellora as opcións para os desprazamentos do alumnado de ensinanzas non obrigatorias do centro. A medida responde á petición das familias dos escolares de Bacharelato e Formación Profesional do Temple, así como do Concello de Cambre, para adecuar o transporte público ás necesidades destes estudantes.

En concreto, axústanse entre 5 e 15 minutos catro servizos da liña Aeroporto da Coruña-Aeroporto da Coruña (circular polo Burgo), que pasarán a saír de luns a venres laborables ás 08,00 horas, 14,15 horas, 15,55 horas e 18,05 horas.

A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Data de actualización: 07/01/2026