Arias felicita ao Durán Maquinaria Ensino por obter a clasificación para a Copa da Raíña de baloncesto
2026-01-08
/documents/35297/1986614/Ensino+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, felicitou ao Durán Maquinaria Ensino por lograr a clasificación para a Copa da Raíña que se disputará en Tarragona do 26 ao 29 de marzo. A Delegación Territorial recibiu a unha ampla delegación do club, nun encontro no que destacou a calidade e o traballo do equipo, “que se traduce en obxectivos cumpridos como este”.
O Durán Maquinaria Ensino rematou en sexto lugar a primeira volta da Liga Endesa de baloncesto feminino, o que lles deu o pase á Copa da Raíña, que disputarán os oito primeiros da táboa. Javier Arias desexoulles “sorte cos resultados, tanto na segunda volta da Liga como na Copa”, e subliñou que “é todo un éxito estar entre os mellores equipos do país”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 08/01/2026