Lorenzana visita na Fundación Barrié a exposición dedicada a Fernando Álvarez de Sotomayor acompañada por familiares do artista

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe na Fundación Barrié a exposición Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960), unha mostra monográfica coa que se conmemora o 150 aniversario do nacemento do artista ferrolán e que se clausura mañá na Coruña.

No percorrido, Lorenzana estivo acompañada por unhas das netas do pintor Myriam Álvarez de Sotomayor, e por Ana Álvarez de Sotomayor, unha das bisnetas, así como pola directora da Fundación Barrié, Carmen Arias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/01/2026