Diego Calvo destaca o crecemento do automobilismo galego en 2025 e remarca o apoio da Xunta ao deporte na comunidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou en Ourense na Gala 2025 da Federación Galega de Automobilismo

Ourense, 17 de xaneiro de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo,acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu no serán de hoxe á Gala 2025 da Federación Galega de Automobilismo onde destacou o crecemento do motor en Galicia nos últimos anos como demostran os vinte títulos galegos ou podios nacionais e internacionais acadados na última tempada.

Grandes logros como o subcampionato do Supercampionato de España de Rallys de Javier Pardo, o campionato de España de Rallys de Asfalto de Jorge Cagiao e Javi Martínez, o triunfo no Campionato de Europa de Montaña de Luis Penido, o campionato de Europa de Rallys Históricos de Xesús Ferreiro e Xavier Anido, así como a fichaxe da gran promesa do automobilismo galego, Christian Costoya, por McLaren. No que respecta ás probas galegas cómpre mencionar tamén a Víctor Senra e Alberto Meira, campión e subcampión da categoría raíña, o asfalto.

Para o conselleiro de Deportes, estes éxitos son acadados grazas a “tremenda calidade” dos deportistas, pero tamén co “apoio e compromiso” que leva amosando a Xunta nos últimos anos.

O conselleiro felicitou aos premiados na Gala ao tempo que recoñeceu o labor da Federación, á que tendeu a man para continuar alcanzando novas metas

Dende 2009, o automobilismo galego recibiu 4 millóns de euros do Goberno galego, destacando preto de medio millón en patrocinios neste 2025, incrementando o investimento un 30% con respecto ao exercicio pasado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/01/2026