A Xunta destina máis de 96.500 € á mellora das instalacións de nove comunidades de usuarios de augas de Ponteareas

O delegado territorial destacou a importancia do traballo que levan a cabo os voluntarios e voluntarias das agrupacións

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as instalacións da Comunidade de Augas do barrio de Picouto e da Comunidade de Usuarios de Porto, no concello de Ponteareas, ambas beneficiarias das axudas para a mellora das súas infraestruturas.

Estas actuacións permitiron ás comunidades beneficiarias levar a cabo diferentes melloras co obxectivo de garantir un subministro de auga máis eficiente e seguro para os veciños, contribuíndo así á mellora da calidade de vida da poboación atendida.

No conxunto do concello de Ponteareas foron nove as comunidades de usuarios de augas que se beneficiaron destas axudas, cun investimento total de máis de 96.500 euros.

O delegado territorial puxo en valor o papel destas entidades, subliñando “a importancia de apoiar o traballo que desenvolven os voluntarios e voluntarias, que son  fundamentais para asegurar servizos básicos en moitos núcleos rurais e para fixar poboación no territorio”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/01/2026