Arias participa na xuntanza organizada pola asociación veciñal de San Vicente de Pedreda, en Lugo
2026-01-18
/documents/35297/1994947/180126+Pedreda.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 18 de xaneiro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xuntanza anual convocada pola Asociación de Veciños Peizal-Outeiro no seu local social, a antiga reitoral de San Vicente de Pedreda.
O inmoble foi rehabilitado co apoio do Goberno galego, que desde o ano 2019 achegou máis de 72.000 euros para as distintas fases da reforma a través do Plan Específico de Acción Comunitaria. As obras máis recentes, executadas nos últimos meses, supuxeron un investimento autonómico de 12.000 euros.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 18/01/2026