A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde do Incio
2026-01-19
/documents/35297/2005344/260119_Viviend_ReuAlcdIncio-5.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo. Na reunión tamén estivo o director territorial da Consellería en Lugo, Marco Antonio Piñeiro.
No encontro, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron a nova liña de axudas da Xunta para a rehabilitación de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes.
O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.
Departamento:
C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Data de actualización: 19/01/2026