A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Coristanco
2026-08-07
/documents/35297/2232335/20260807_Conselleira_Vivenda_Coristanco-5.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión de traballo co alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose.
No encontro mantido esta tarde en San Caetano, e no que tamén estivo o director territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, abordáronse actuacións de mobilidade sostible, de interese para este municipio.
O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Data de actualización: 07/08/2026