O delegado territorial da Xunta en Ourense inaugura as xornadas técnicas sobre protección contra incendios no ámbito industrial e forestal no Parque Tecnolóxico de Galicia
2026-01-22
/documents/35297/2005353/220126+Acto+Alianza+por+la+Seguridad+PCI+Forestal+Industrial+2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 22 de xaneiro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, inaugurou esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, o acto Alianza por la Seguridad: PCI Forestal e Industrial, no que representantes do sector industrial, forestal e das administracións públicas, abordarán cuestións clave para Galicia en materia de prevención, sustentabilidade e competitividade territorial.
Manuel Pardo destacou que os obxectivos destas xornadas técnicas son fortalecer a coordinación institucional, a transferencia de coñecemento e a innovación en sistemas PCI, con especial atención á interconexión entre o tecido empresarial local e a xestión sostible do territorio.
Data de actualización: 22/01/2026