A Xunta presenta en Fitur o salón 'Turexpo Galicia'
2026-01-22
/documents/35297/2005353/20260122SXTPresentacionTurexpoGaliciaFitur+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
O secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e vicepresidente do Padroado da Fundación Semana Verde, Javier Abad, participou hoxe na presentación da 15ª Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia), que se celebrará do 4 ao 7 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, de maneira paralela á 48ª Feira Internacional Abanca Semana Verde. Destacou que Turexpo Galicia supón un magnífico escaparate desde o que presentar e promocionar a oferta turística da comunidade e, ao mesmo tempo, consolídase como un importante espazo de negocio para o sector turístico galego a través da súa Bolsa de Contratación.
Data de actualización: 22/01/2026