Medio Rural e a Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra reforzan a súa cooperación a prol do sector en materia formativa e investigadora
2026-01-23
/documents/35297/2005356/20260123LuisaPi%C3%B1eiroEscolaEnxe%C3%B1eria_1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 23 de xaneiro de 2026
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, Luisa Piñeiro, visitou hoxe a Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo, situada no campus de Pontevedra. A directora intercambiou impresións cos responsables do centro sobre as súas liñas estratéxicas de traballo e avanzou no reforzo da colaboración entre ambas partes a prol do sector forestal galego, especialmente nos eidos da formación e a investigación.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 23/01/2026