Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe
Estabilizado desde as 13,41 horas de hoxe o incendio do concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 120 hectáreas
Continúa estabilizado desde as 00,50 horas de hoxe o incendio na parroquia de Arnego, no concello pontevedrés de Rodeiro, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas
Tamén segue estabilizado desde as 09,17 horas de hoxe outro incendio no concello de Rodeiro, parroquia de Carboentes, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2026
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 14,00 horas de hoxe.
PONTEVEDRA
Estabilizado Rodeiro-Arnego
Continúa estabilizado desde as 00,50 horas de hoxe o incendio forestal do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Arnego, rexistrado onte ás 15,59 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 12 axentes, 15 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.
Estabilizado Rodeiro-Carboentes
Continúa tamén estabilizado desde as 09,17 horas de hoxe o incendio rexistrado onte ás 16,03 horas na parroquia de Carboentes, concello de Rodeiro. Segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 11 axentes, 15 brigadas, 15 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.
OURENSE
Estabilizado Baltar-Garabelos
Ás 13,41 horas de hoxe quedou estabilizado a incendio rexistrado onte ás 12,21 horas no concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 12 axentes, 21 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 9 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.