Gardacostas de Galicia rescata unha balsa salvavidas dun mercante maltés na praia fisterrá Mar de Fora

Muxía (A Coruña), 23 de xaneiro do 2026

Gardacostas de Galicia rescatou esta mañá unha balsa salvavidas na praia Mar de Fora de Fisterra. Os axentes do servizo autonómico actuaron en canto recibiron o aviso do 112, comprobando que a embarcación pertence ao  mercante extranxeiro Karekare, con bandeira maltesa, e que pasou navegando a pasada noite fronte á costa fisterrá.

Segundo as pesquisas realizadas polo dispositivo despregado, correspondente á Unidade Operativa que Gardacostas ten en Muxía, determinouse que o buque puido perder a balsa nun golpe de mar, provocado pola borrasca Ingrid que desde as últimas horas mantén a costa galega en alerta vermella.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 23/01/2026