Medio Rural avalía novas liñas de colaboración coa Fundación Arume a prol do sector forestal
2026-01-29
/documents/35297/2013509/20260129LuisaPi%C3%B1eiroArume.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2026
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Fundación Arume, con quen avaliou a posibilidade de establecer novas vías de colaboración para implementar novas accións que impulsen o sector forestal galego.
Neste sentido, Luisa Piñeiro destacou o labor desenvolvido pola Fundación Arume, unha entidade que ten como obxectivo potenciar a innovación no uso da madeira e fomentar o desenvolvemento do piñeiro en Galicia.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 29/01/2026