Martina Aneiros preside a primeira Comisión Territorial de Coordinación do ano

Ferrol, 2 de febreiro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá a primeira Comisión Territorial de Coordinación da Delegación de Ferrol deste ano na que tomaron parte os directores territoriais das distintas consellerías.

Durante esta reunión de traballo que se leva a cabo periodicamente, a delegada abordou o estado de tramitación das principais actuacións que a Administración autonómica está  a levar a cabo na zona, así como as distintas convocatorias de axudas que permanecen abertas neste momento

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2026