Mar reúnese con Opmega no marco da rolda de contactos que mantén co sector para analizar a situación da miticultura

Santiago de Compostela, 2 de febreiro do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse este luns con representantes da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega), no marco da rolda de contactos que mantén co sector para analizar a situación da miticultura, na que Galicia, co 44, 6 % da produción de mexillón, é líder a nivel europeo nesta actividade extractiva.

Desde a Consellería do Mar, mantemos un contacto permanente cos distintos axentes socioeconómicos marítimo-pesqueiros. No caso do sector do mexillón, trátase dun piar fundamental, con máis de 3.300 bateas e cun papel moi importante na creación de emprego e na sostibilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2026