Diego Calvo participa na concentración do Club Ciclista Rías Baixas en Pontevedra
2026-02-02
/documents/35297/2021688/20260202ConcentracionCCRiasBaixas16.JPG?version=1.0&imagePreview=1
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe na xornada de concentración de pretempada do Club Ciclista Rías Baixas en Pontevedra, onde destacou a importancia desta iniciativa no fomento da convivencia e do espírito de equipo como valores fundamentais do deporte. Recoñeceu tamén o labor desta entidade polo fomento da práctica do ciclismo a todos os niveis e dun xeito inclusivo. Así, o club impulsa actuacións como as escolas deportivas ou as bolsas de estudo e tecnificación deportiva, ademais de eventos consolidados como a Vigo Copa de España.
Data de actualización: 02/02/2026