O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no acto institucional co gallo do Día Mundial Contra o Cancro

Ourense, 4 de febreiro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na cidade de Ourense no acto institucional co gallo da campaña do Día Mundial Contra o Cancro, que pretende poñer de manifesto o valor da investigación, o apoio e o acompañamento das persoas diagnosticadas con esta enfermidade.

Manuel Pardo reiterou que a loita contra o cancro é unha causa común de toda a sociedade, e que esta iniciativa organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Ourense, contribúe a sensibilizar sobre a enfermidade e a crear conciencia do importante que é a prevención.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/02/2026