María José Gómez pon en valor eventos como a Feira do Entroido de Nadela na promoción dos produtos agroalimentarios de proximidade

Lugo, 7 de febreiro de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu hoxe á celebración da Feira do Entroido de Nadela, na capital luguesa. Neste evento, organizado pola Asociación veciñal, cultural e deportiva de San Xoán de Pena, Gómez destacou a importancia de eventos coma este á hora de promocionar os produtos agroalimentarios de proximidade.

Neste sentido, a festa conta coa presenza das filloeiras de Muimenta, que ao longo do día prepararán filloas para os asistentes. Mañá celebrarase o Gran Cocido na Carballeira, un prato distintivo destas datas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/02/2026