Diego Calvo asiste ao partido do Campionato de España de Seleccións Autonómicas masculinas sub-14 entre Galicia e A Rioxa

Arteixo (A Coruña), 8 de febreiro de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe xunto co secretario xeral para o Deporte, Roberto García, ao partido entre as seleccións sub-14 masculinas de Galicia e A Rioxa, que se disputou no campo de fútbol municipal da Pastoriza, en Arteixo. O encontro enmárcase nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas masculinas sub-14 e sub-16, organizado pola Real Federación Española de Fútbol, e con medio cento de partidos con Aragón e Galicia como sedes. A comunidade galega acolleu desde o venres en distintas sedes da provincia da Coruña -na cidade coruñesa e nos concellos de Arteixo e Miño- os partidos da segunda división en ambas categorías.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/02/2026