A Xunta aborda vías de colaboración co concello de Outes para a mellora de infraestruturas deportivas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, mantiveron unha reunión para coñecer as demandas do municipio, como a necesidade de executar melloras nas instalacións municipais nas que adestra o club de tenis Portosiavo  

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2026

O conselleiro de Presidencia Xustiza e Deportes, Diego Calvo, vén de reunirse co alcalde de Outes, Francisco Calo, para escoitar as principais necesidades do municipio e avaliar posibles vías de colaboración no marco do compromiso da Xunta coas entidades locais.

Entre os asuntos tratados, avaliouse a posibilidade de levar a cabo melloras nas instalacións municipais nas que adestra o club de tenis Portosiavo.

Así, o Goberno galego mantén un compromiso claro coas entidades locais para facilitarlles a prestación de servizos municipais de calidade á veciñanza con independencia do seu lugar de residencia.

Do mesmo xeito, a Xunta aposta con iniciativas como as executadas ou previstas en Outes polo fomento dunha vida activa e saudable entre a poboación ao facilitar o acceso á práctica regular da actividade física.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/02/2026