Medio Rural e Asoporcel avalían vías de cooperación a prol da conservación e fomento do porco celta

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse con representantes da Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta (Asoporcel), onde avaliaron vías de cooperación a prol da conservación e fomento desta raza autóctona porcina de Galicia.

A Consellería do Medio Rural reafirmou o pasado ano o seu compromiso con esta entidade, asinando un novo convenio de colaboración con Asoporcel, dotado con máis de 430.000 euros ata 2027, para financiar actividades de recuperación, conservación e fomento do porco celta. A maiores, este ano convocáronse novamente as achegas dirixidas ás asociacións de criadores das razas gandeiras autóctonas galegas e que desenvolven actuacións destinadas ao seu fomento, cun orzamento de 270.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/02/2026