Medio Rural afonda na súa colaboración coa Escola de Enxeñaría da USC do Campus de Lugo no eido forestal

Lugo, 10 de febreiro de 2026

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, visitaron este mediodía a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, situada no Campus de Lugo. Os representantes da Consellería do Medio Rural coñeceron as instalacións do centro e intercambiaron impresións con docentes e alumnos con vistas a reforzar a colaboración en materia de investigación e formación no eido forestal. Ademais, recibiron información sobre as plataformas Pemade (Plataforma da Madeira Estrutural) e SIT (Sistema de Información Territorial), ambas lideradas por profesores desta escola.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/02/2026