A Xunta aposta pola cooperación co consulado de España en Nova York para apoiar a comunidade galega
Nova York (Estados Unidos), 12 de febreiro de 2026
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo coa cónsul xeral de España en Nova York, Marta de Blas Mayordomo, co obxectivo de reforzar a colaboración entre as Administracións española e galega no ámbito da atención á cidadanía española no exterior. Durante o encontro analizouse a situación actual da colectividade española nos Estados Unidos, con especial atención á comunidade galega residente na área de Nova York e Newark.
Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para mellorar a coordinación e os servizos dirixidos os galegos do exterior, así como cuestións relacionadas coa atención consular e co acompañamento ás entidades galegas asentadas nesta demarcación. Miranda destacou a importancia de manter unha relación fluída coas representacións diplomáticas para garantir unha atención eficaz á cidadanía galega no exterior e avanzar en iniciativas conxuntas que dean resposta ás necesidades reais da colectividade.