A Xunta mantén un encontro coa Federación Galega de Embarcacións da Sétima Lista para coñecer as súas demandas

Santiago de Compostela, 15 de febreiro do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo esta semana unha reunión con representantes da Federación Galega de Embarcacións da Sétima Lista (Fegasel), no marco do contacto permanente da Consellería do Mar cos distintos segmentos do sector marítimo-pesqueiro.

Durante o encontro, Rosón trasladou a disposición da Xunta de Galicia a escoitar as inquedanzas deste colectivo e a traballar, de maneira coordinada, para coñecer as súas necesidades, poñendo en valor o diálogo como ferramenta fundamental para avanzar en solucións compartidas.

A reunión serviu tamén para explorar vías de colaboración entre a Administración autonómica e Fegasel, co obxectivo de seguir impulsando unha xestión responsable e sostible da actividade vinculada ás embarcacións da sétima lista en Galicia.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 15/02/2026