A delegada da Xunta participou hoxe na presentación da campaña "Nestas datas, que non sobren as sobras!" no mercado de Monte Alto e das Conchiñas

A Xunta avoga por un consumo sostible e responsable para reducir o desperdicio alimentario nestas datas de Entroido

Belén do Campo subrayó a importancia dunha adecuada planificación previa das compras, recomendando o uso de listas cos produtos necesarios e evitando adquisicións impulsivas

Repartiranse en toda Galicia máis de 2.000 culleres de madeira cun código QR, que tamén estará dispoñible na entrada dos mercados municipais, a través do que se accede a unha páxina web con receitas de aproveitamento con produtos do Entroido

A Coruña, 13 de febreiro de 2026

A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou esta mañá no reparto incluido dentro da Campaña Nestas datas, que non sobren as sobras!, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que se desenvolverá este venres, sábado e luns en diferentes mercados de abastos de Galicia e concretamente na cidade da Coruña, realizou o reparto promocional no mercado de Monte Alto e no das Conchiñas. Mañá sábado 14 de febreiro a campaña se desenvolverá nas prazas de abastos Praza de Lugo, Praza San Agustín e Mercado de Elviña.

A Xunta de Galicia avoga por un consumo sostible e responsable nestas datas de Entroido para contribuír á redución do desperdicio alimentario. Segundo explicou a delegada, esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar ás familias galegas sobre o impacto do desperdicio alimentario, fomentar hábitos de compra máis conscientes e responsables e poñer en valor os mercados municipais como espazos crave para o consumo de produtos de proximidade e de máxima calidade, entre outros aspectos.

En concreto, a campaña contempla a distribución de máis de 2.000 culleres de madeira en 15 mercados en distintos puntos de Galicia, 7 delas na provincia da Coruña e 5 na cidade da Coruña. Cada unha delas incorpora un código QR que permite acceder a unha páxina web con receitas de aproveitamento como roupa vella de cocido, arroz de onte, empanada de cocido ou lasaña de lacón con grelos, entre outras moitas. Este mesmo código estará tamén dispoñible para a cidadanía en carteis situados na entrada de cada mercado. Tal e como sinalou Belén do Campo, a finalidade é ofrecer ideas que permitan reutilizar as sobras do Entroido, recuperando as boas prácticas da tradición gastronómica galega mediante a actualización de pratos típicos.

Así mesmo, a delegada subliñou a importancia dunha adecuada planificación previa das compras, recomendando o uso de listas cos produtos necesarios e evitando adquisicións impulsivas, co fin de comprar unicamente o imprescindible en función do menú previsto e do número de comensais.

A representante do Goberno autonómico lembrou que a Xunta está a traballar na elaboración do Plan galego conta o desperdicio alimentario, que incluirá mecanismos para reducir estes residuos tanto nos fogares como nas empresas de hostalería e de distribución.

A maiores do deseño deste futuro plan, a Xunta está a desenvolver continuará con iniciativas como a de mercados para promover un consumo sostible e responsable e o novo programa de educación ambiental co fin de formar, sensibilizar e implicar de forma activa á comunidade escolar na transición cara a unha economía circular e na mellora da xestión dos residuos.

Na visita tamén aproveitou para lembrar que a Senta ten aberto o prazo, ata o 2 de marzo, para solicitar as axudas as asociacións de praceiras  e praceiros para dinamizar, modernizar e potenciar os mercados municipais cun orzamento de preto de 2,3 M€.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/02/2026