A Xunta cualifica as Cámaras de Comercio como aliadas estratéxicas para conectar Galicia co mercado dos Estados Unidos

Miami (Estados Unidos), 14 de febreiro de 2026

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo cos responsables da Cámara de Comercio de España-Estados Unidos en Miami, co obxectivo de analizar vías de colaboración para reforzar os lazos económicos entre Galicia e os Estados Unidos e explorar oportunidades ligadas ao talento galego no exterior, ao emprendemento e ao retorno profesional.

Durante o encontro, no que participou a presidenta da entidade, Mónica Vázquez; o director executivo, Juan Carlos Pereira, e o Director da oficina de Abanca en Miami, Pedro Raúl López,  abordáronse posibles sinerxías entre a Cámara e a Xunta de Galicia para favorecer a internacionalización, a atracción de investimento e a conexión do tecido empresarial con profesionais galegos asentados nos Estados Unidos. Nesa liña, Miranda puxo en valor o papel estratéxico desta institución como ponte económica entre ambos países e salientou a importancia de sumar esforzos co ámbito empresarial para xerar oportunidades reais de retorno e desenvolvemento profesional en Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/02/2026